O 2023 comeza pasado por choiva e temperaturas máis habituais para a época

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 01/01/2023 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

A fronte fría que hoxe penetrou por Galicia varrerá a Península de oeste a leste durante os primeiros dous días de 2023, deixando precipitacións que serán intensas na vertente atlántica e localmente fortes e persistentes en Galicia, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que sinala á estabilización do tempo a partir do martes con temperaturas máis próximas ao habitual para a época.

A medida que avance a fronte, irá perdendo intensidade, sen chegar á área mediterránea. Xa durante a tarde do luns, 2 de xaneiro, cesarán as precipitacións, producíndose un descenso das temperaturas, unha situación que se deixará notar especialmente nas mínimas que rexistre o terzo noroeste peninsular.

Os ventos soprarán o domingo con predominio de compoñente sur, máis intenso no noroeste peninsular, con refachos moi fortes en Galicia e zonas de montaña da metade norte, tendendo a amainar e a cambiar a compoñente oeste o luns.

Para o sábado 7 de xaneiro, a axencia apunta á posibilidade de que penetre unha nova fronte por Galicia, que podería deixar precipitacións na zona e que o domingo podería estenderse ao resto do noroeste peninsular, sen descartar que se estendan ao resto da área cantábrica. As temperaturas poderían descender de forma xeneralizada o sábado.

Choiva
Choiva | Fonte: Joaquin Corchero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta