O Papa e a laicidade democrática

O Papa Bergoglio ven de falar perante o Parlamento Europeo. Os eurodeputados de IU, ICV e AGE deixaron os seus escanos a xeito de protesta por un acto que coidaban confesional. Na Galicia, X.M. Beiras declarou que non lle importaba o que dixera Bergoglio, senón só a Igrexa como estrutura de poder que nega ás mulleres os seus dereitos.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 30/11/2014

Comparte esta noticia
Mentres, os eurodeputados de Podemos ficaban na Cámara e o seu líder, Pablo Iglesias, saúdaba o discurso do Papa. Un discurso no que Bergolgio dicía que os valores da democracia e da cidadanía son incompatíbeis co dominio dos axentes financeiros e que a dignidade da persoa é incompatíbel coa miseria e coa pobreza severa de tantos na Europa.
 
Cál e a resposta axeitada dende a laicidade democrática á revolución tranquila que está a desenvolver Bergoglio? Descoñecela, como fai AGE? Ou animala, como fai Pablo Iglesias? 
 
Semella que a dúbida está fóra de lugar. Bergoglio está a desenvolver unha auténtica cruzada contra os abusos sexuais a menores e a corrupción na Igrexa onde está a arriscar moito, porque mesmo chega a desmontar a xerarquía alí onde pense que é preciso. É verdade que a exclusión feminina na Igrexa  é inadmisíbel e seica non compre agardar grandes novidades a respecto deste tema nos anos vindeiros. Mais os avances son reais. Dende o punto de vista pragmático, Bergoglio é un aliado para as forzas que terman por máis democracia, máis cidadanía ou máis xustiza social, quer no ámbito galego ou estatal, quer no ámbito europeo. Tamén para desmontar o predominio extremista e españolista excluínte da xerarquía católica no Estado.
 
Outra razón esencial é a da liberdade relixiosa e ideolóxica. O teólogo galego Victorino Pérez Prieto xa nos aprendeu a grandísima achega de cristiáns como Castelao, Bóveda, Moncho Valcarce, Francisco Carballo, Torres Queiruga ou Pilar Wirtz na construción do galeguismo democrático. Defender que os cristiáns progresistas han continuar o seu tránsito cara  á non crenza para construir unha alternativa transformadora vai contra os valores de liberdade e democracia que, supostamente, sosteñen os que tal propugnan.
 
Os cristiáns poden e  deben construir democracia e cidadanía sen abdicar dos alicerces éticos e antropolóxicos da súa fe. Os valores da laicidade non esixen do anticlericalismo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.