Galicia seguirá ofrecendo o pago mensual de ata 800 euros para vítimas de violencia de xénero

As axudas teñen o prazo aberto de maneira permanente, co que poden solicitarse polas interesadas en calquera momento do ano

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2023 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a convocatoria coa que seguirá apoiando a independencia económica das vítimas de violencia de xénero con pagos mensuais de ata 800 euros, un programa ao que destina 5,6 millóns de euros ampliables para facer fronte a estes pagos durante 2023 e 2024.

Segundo apuntou a Xunta nun comunicado, Galicia segue sendo unha comunidade referente por ser a única que ofrece estes apoios, "que resultan fundamentais para que as mulleres avancen na súa recuperación".

As axudas teñen o prazo aberto de maneira permanente, co que poden solicitarse polas interesadas en calquera momento do ano.A convocatoria diríxese a mulleres maiores de idade ou emancipadas que sexan vítimas de violencia de xénero ou vítimas vicarias nunha relación de convivencia ou, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia respecto da persoa que mantivo sobre ela unha relación de dominación.

Como requisito, a convivencia co agresor ten que terminar nos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude. Ademais de estar empadroadas e ter residencia efectiva na Comunidade -ou permiso de residencia, no caso das mulleres estranxeiras- deberán acreditar ingresos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do IPREM vixente e non percibir esta axuda con anterioridade.

A axuda consiste nun pago mensual directo para a beneficiaria que se concederá por un máximo de 12 mensualidades. Esta cantidade pode oscilar entre os 200 euros e os 800, en función dos ingresos da perceptora, das fillas ou fillos menores (ou menores en acollida) que teña ao seu cargo e doutras circunstancias como as condicións de discapacidade.

Entre 2009 e 2022 o Goberno galego mobilizou preto de 40 millóns de euros nestas achegas mensuais. Desde o bienio 2009-2010, o Goberno galego cuadriplicou a contía destinada a esta finalidade, ao pasar dos 1,4 millóns aos 5,6 da presente convocatoria. O número de beneficiarias nestes 14 anos foi de preto de 6.000 persoas.

Muller dicindo 'non' á violencia de xénero
Muller dicindo 'non' á violencia de xénero | Fonte: Commons

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta