Produtores ecolóxicos aseguran que "presionarán" á Xunta "por todos os medios" para demandar as axudas prometidas

Realizarán mobilizacións en protesta polo incumprimento do Goberno galego de abonar as axudas da PAC

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2023 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

A Plataforma de Produtores en Ecolóxico de Galicia avanzou que realizarán mobilizacións en protesta polo incumprimento da Xunta de abonar as axudas da PAC comprometidas. Así o avanzou un dos portavoces da organización e gandeiro na Fonsagrada (Lugo), Manuel López, que lamentou que a Xunta non abonase en todo 2022 "os compromisos que había asinados durante todo o ano".

Por iso, asegurou que tratarán de "presionar" ao Goberno galego "por todos os medios". "Xa chegamos ao Parlamento galego e ao Parlamento europeo, onde se presentou unha iniciativa e farase algunha cousa máis. Imos seguir tentando que a Xunta rectifique e asuma os compromisos que tiña expostos", avisou.

O portavoz da Plataforma de Produtores en Ecolóxico precisou que a reclamación está no abono de ayuadas vinculadas á PAC que en 2021 Medio Rural "promocionou o paso a explotacións en ecolóxico para cumprir co que demandaba Europa". Neste sentido, lembrou que o obxectivo comunitario é "chegar ao 25 por cento da superficie agraria útil en ecolóxico" de todos os países da UE no ano 2030.

Así, López incidiu en que esta superficie é na actualidade en Galicia "un cinco por cento" pero que podería alcanzarse coa ampliación dada en 2022 "a un sete ou un oito por cento, non máis".

"Nós en canto a modelo de produción temos que cumprir uns requisitos e cumpríronse. A consellería non paga as axudas, barema, recorta e deixa a un 85 por cento de novos solicitantes sen axudas, e a un 40 por cento e os que xa tiñan axudas anteriormente", protestou finalmente Manuel López.

Mercado Ecolóxico A Coruña.
Mercado Ecolóxico A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta