A canle de atención para maiores de 65 anos da Xunta recibiu máis de 3.000 chamadas desde outubro

O Executivo galego destacou o "éxito" desta "pioneira iniciativa"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A canle específica de atención administrativa xeral e preferente para as persoas maiores de 65 anos desenvolvido pola Xunta, 'Canle 65', que ten como obxectivo romper coa fenda dixital facilitando unha atención máis personalizada a este colectivo, atendeu máis de 3.000 chamadas desde a súa posta en marcha o pasado tres de outubro.

O Executivo galego destacou o "éxito" desta "pioneira iniciativa" que, mediante o número de teléfono 900 333 666, facilita información sobre procedementos administrativos que queiran realizar as persoas maiores de 65 anos. Nesta liña gratuíta as chamadas son atendidas por un operador humano, sen necesidade de marcar opcións nin escoitar mensaxes mecanizadas.

A mellora da atención telefónica nos centros de saúde ou a atención presencial priorizada nas oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia, así como nas da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), son exemplos doutros servizos que, en palabras da Administración, "facilitaron" a vida dos maiores de 65 anos.

A Xunta destaca que desde a implementación de 'Canle 65', o 7 por cento das citas da Atriga foron solicitadas por este colectivo, o que supón unha "porcentaxe destacable" se se ten en conta que gran parte destas xestións deleganse en xente máis nova ou profesionais do sector.

As CONSULTAS MÁIS NUMEROSAS

Conforme aos datos extraídos polo Goberno galego, as solicitudes de información máis habituais foron as relacionadas coa dependencia, avisos de avespa velutina, coas prestacións económicas ou con programas como os de 'Benestar en Balnearios' ou 'Xuntos por Nadal'. En canto á franxa de idade que máis utilizou este medio, case a metade das chamadas foron realizadas por persoas que se atopan entre os 65 e 74 anos.

Dúas persoas maiores acoden a un centro sanitario en Ourense a vacinarse / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press
Dúas persoas maiores acoden a un centro sanitario en Ourense a vacinarse / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta