Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2023 | Actualizada ás 16:25
A Xunta destaca que a ocupación hoteleira "bate marcas" en Galicia ao superar por primeira vez os 12 millóns de pernoctacións entre xaneiro e novembro.
Nun comunicado, o Goberno galego sinala que se acumulan 6,3 millóns de viaxeiros aloxados en establecementos turísticos nos 11 primeiros meses do ano, os mellores datos da serie histórica. Así o apunta tras coñecerse este martes os datos de aloxamentos extrahoteleiros, que se suman aos hoteleiros xa coñecidos hai uns días.
Así, supera nun 41 % os rexistros do mesmo período do ano pasado, cunha alza mesmo superior, do 3 %, ao último ano prepandemia, é dicir, 2019.
Así mesmo, subliña que Galicia mellora en oito puntos a media do conxunto de España no que atende á recuperación da demanda turística no acumulado do ano.
Nos 11 primeiros meses do ano, o 75 % da demanda corresponde co turismo nacional, mentres que o 25 % restante é internacional.
Por provincias, entre xaneiro e novembro, o crecemento da demanda turística é do 40 % na Coruña e rolda o 30 % nas outras tres.
Ademais, o mes de novembro alcanzáronse tamén por primeira vez preto de 300.000 viaxeiros aloxados e 570.000 pernoctaciones.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.