Temas: DATOS PORTOS

As exportacións dos portos galegos aumentan un 10,5 % ata novembro, fronte á caía do 7,7 % estatal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2023 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Case 7,5 millóns de toneladas embarcáronse entre xaneiro e novembro de 2022 nos portos galegos de interese xeral, é dicir, A Coruña, Ferrol-San Cibrao, Marín-Ría de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. O volume de mercadoría destinada á exportación creceu, así, un 10,5 % con respecto ao mesmo período do exercicio 2021 (6,7 millóns) e supera en máis de nove puntos porcentuais o que se rexistrou prepandemia (2019).

Os datos solicitados por Portos do Estado, organismo que agrupa ás 28 autoridades portuarias de interese xeral, reflicten así mesmo unha tendencia xeral moi distinta para o conxunto do país, cunha caída do 7,7 %.

Por portos, son dous dos cinco galegos os que sosteñen este incremento. Así, o de Ferrol-San Cibrao elevou o número de toneladas de mercadoría embarcada en case 700.000 entre xaneiro e novembro pasados, o que supón un terzo máis (destacando as 450.000 toneladasde subida nos graneis líquidos) e A Coruña volveu a superar os dous millóns, situándose moi preto dos 2,3, cun aumento de case o 20 % en relación co ano 2021.

As outras tres dársenas (Marín-Ría de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía) experimentaron lixeiros retrocesos.

No que respecta ás importacións, todas as autoridades portuarias galegas rexistraron senllos crecementos nos once primeiros meses do ano pasado, polo que, a falta de coñecer o mes de decembro, o balance anual superará o do exercicio 2021.

Buques portacontedores
Buques portacontedores | Fonte: PORTOS DO ESTADO

Temas: DATOS PORTOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta