Aberto o prazo para presentar artigos ao XLIV Premio de Xornalismo Julio Camba, dotado con 10.000 euros

Os autores poden concorrer ao galardón a título individual, aínda que tamén poderán facelo no seu nome institucións públicas e privadas, academias e fundacións do ámbito de fala hispana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2023 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

Afundación publicou as bases da XLIV edición do seu Premio Internacional de Xornalismo Julio Camba, dotado con 10.000 euros para o gañador e con pezas artísticas para os finalistas. O prazo de envío de traballos, que teñen que estás escritos en castelán, finalizará o 30 de xuño.

Segundo informa a obra social de Abanca, a esta convocatoria pódense presentar todos aqueles artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de opinión, coa condición de que só se pode achegar un texto por autor que fose recollido ao longo do ano 2022 --entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro-- en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, en cabeceiras españolas e internacionais.

A extensión máxima do traballo será de dúas páxinas no caso das edicións impresas e o seu equivalente no soporte dixital. Os autores poden concorrer ao galardón a título individual, aínda que tamén poderán facelo no seu nome institucións públicas e privadas, academias e fundacións do ámbito de fala hispana.

O xurado, conformado por profesionais no campo xornalístico, literario e tamén académico, dará a coñecer inicialmente o tres artigos finalistas preseleccionados e, posteriormente, a persoa gañadora desta XLIV edición no transcurso da gala de entrega. O vencedor sumarase á lista de premiadas e premiados desde a primeira edición, en 1980. Os últimos foron Luís Pousa (2020), Bibiana Candia (2021) e Manuel de Lorenzo Paradela (2022).

Entrega do premio de xornalismo Julio Camba. AFUNDACIÓN
Entrega do premio de xornalismo Julio Camba. AFUNDACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta