O DOG recolle modificacións nas sesións de avaliación de bacharel, ESO e ciclos do calendario escolar 2022/2023

Tamén se modifican artigos sobre o horario do profesorado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2023 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este xoves a modificación da orde que de aprobación do calendario escolar para o curso 2022/2023 nos centros galegos sostidos con fondos públicos; modificación que afecta, sobre todo, ás sesións de avaliación.

Así, a sesión de avaliación final ordinaria do alumnado de primeiro curso de bacharelato e a sesión de avaliación final de módulos do alumnado de primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico deberán realizarse a partir do día 5 de xuño de 2023.

Ademais, as sesións de avaliación final extraordianria do alumnado de bacharelato e de primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado de educación secundaria obrigatoria, as sesións de avaliación final de ciclo do segundo curso de formación profesional básica e as sesións de avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023. A sesión da terceira avaliación parcial de educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión da avaliación final.

Tamén se modifican artigos sobre o horario do profesorado, respecto ao que se indica que as direccións dos centros quedan autorizadas para introducir as modificacións oportunas nos horarios do profesorado de segundo curso de bacharelato e de formación profesional que se vexa afectado pola realización do módulo de Formación en Centros de Traballo nas horas en que deixe de impartir as materias ou módulos da súa competencia a partir da sesión de avaliación que corresponda.

Tamén nos horarios do profesorado do primeiro curso de bacharelato a partir do día 5 de xuño de 2023, asignando tarefas da súa responsabiliidad, dando prioridade á realización de actividades de apoio, de reforzo e de recuperación para o alumnado con materias, ámbitos ou módulos con partes sen superar e, de ser o caso, de preparación da ABAU e das probas extraordinarias, de forma que o profesorado desenvolverá en todo momento e ata a finalización das actividades lectivas o horario que lle corresponde conforme á normativa vixente. Por último, engádese que a cualificación definitiva das materias e dos ámbitos farase efectiva na avaliación final do curso.

Estudantes esperan antes de comezar as probas de acceso á universidade 2022,. Photogenic
Estudantes esperan antes de comezar as probas de acceso á universidade 2022,. Photogenic | Fonte: Lourdes Azaña - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta