O litro de leite chega aos 57,6 céntimos en Galicia, aínda por debaixo da media española

A cifra de gandeiros galegos que realizan entregas non deixa de descender, de forma que queda preto de baixar dos 6.000

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2023 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O prezo medio do litro de leite que se paga a gandeiros en Galicia alcanzou unha nova marca: 57,6 céntimos en novembro. Con todo, segue por baixo da media española, que se eleva a 58,7 céntimos.

Nun contexto de espiral inflacionista dos prezos lácteos, hai unha subida significativa de máis de catro céntimos entre outubro e novembro no caso galego, de 53 a 57,6 céntimos. Supón acurtar a brecha coa media do país, onde hai unha alza de 3,1 céntimos. E é que nun ano disparouse en máis de 20 céntimos.

Madrid é a comunidade na que máis se paga no Estado a produtores, 62 céntimos por litro. Na España peninsular o menor prezo rexístrase en Navarra e A Rioxa, con 57,2 céntimos.

Pola súa banda, a cifra de gandeiros que realizan entregas non deixa de descender en Galicia, de forma que queda preto de baixar dos 6.000. Son 6.043, 27 menos que un mes antes. O dato global no país é de 10.717.

A produción contráese lixeiramente en novembro na comunidade galega, con 235.197 toneladas, unhas 7.000 menos que en outubro. Nos 11 primeiros meses do ano, o 67 % das entregas que fixeron os gandeiros foron en Galicia e o 33 % restante noutras comunidades.

Unha vaca leiteira, da raza bovina frisoa, nas instalacións dunha granxa
Unha vaca leiteira, da raza bovina frisoa, nas instalacións dunha granxa | Fonte: Isabel Infantes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta