Servizo 'Dedaleira': asesoría afectivo-sexual para as mulleres con discapacidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia para manter e reforzar o funcionamento deste servizo para "previr a violencia sexual".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2023 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) para manter e reforzar o funcionamento do servizo 'Dedaleira', especializado en información e asesoría afectivo-sexual destinado a este colectivo para "previr a violencia sexual".

Explica o departamento autonómico nun comunicado que o servizo Dedaleira está destinado a persoas con discapacidade, ás súas parellas, familiares e persoas da súa contorna social ou institucional, no que se inclúe asesoría individualizada, intervención social e psicosexolóxica, accións de formación grupal, e o acompañamento e a atención a persoas que viviron ou viven situacións de abusos a través da Unidade Querelar.

Dentro desta unidade tamén se inclúe o asesoramento xurídico que as persoas con discapacidade ou da súa contorna poidan necesitar, "xa que se percibe unha alta demanda en materia de asesoría legal, xa que as mulleres e nenas con discapacidade atópanse cun maior descoñecemento e desprotección".

Apuntan que a consellería destina a este fin un total de 55.000 euros, unha iniciativa que se enmarca nas accións que a Xunta leva a cabo para loitar contra a violencia de xénero e promover a igualdade entre mulleres e homes.

Atención a unha persoa con discapacidade
Atención a unha persoa con discapacidade | Fonte: Acadar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta