Catro 'foodtrucks' que percorrerán 200 localidades españolas ateigados de produtos do mar galego: do berberecho de Noia ao bonito do norte

A Xunta anunciou a súa posta en marcha nos municipios relacionados co Camiño de Santiago para promocionar e comercializar os produtos pesqueiros de Galicia durante o 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2023 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A Xunta anunciou a posta en marcha de catro 'foodtrucks' que realizarán rutas por máis de 200 localidades españolas relacionadas co Camiño para promocionar e comercializar os produtos pesqueiros de Galicia durante o 2023.

Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña 'Galicia Sabe amar', impulsada pola Consellería do Mar, e está financiada con parte dos once millóns reservados nos Orzamentos de 2023 para a comercialización do peixe e o marisco galego.

Con este proxecto, destacou a Xunta, estes "tráileres gastronómicos" percorrerán máis de 200 localidades, todas elas con relación co Camiño de Santiago, con catro traxectos diferentes que comezarán en Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia. De aí sairán os 'foodtrucks' que atravesarán distintos lugares da xeografía española ata chegar á capital galega.

Deste xeito, os veciños e turistas de cada poboación pola que pasen poderán degustar unha serie de petiscos elaborados a partir de produtos certificados do mar de Galicia como o 'Berberecho de Noia', o 'Mexillón de Galicia', o bonito do norte ou os peixes e mariscos de 'PescadeRías'".

FOROS GASTRONÓMICOS

Outra das iniciativas que forman parte da campaña 'Galicia Sabe amar' é a organización de foros gastronómicos. Trátase de cinco foros que se desenvolven nas catro provincias con '#ACociñaDoMar' como fío condutor e que pretenden "pór en valor" a calidade dos produtos do mar galego, así como "a gran oferta gastronómica e hostaleira da Comunidade".

Estes encontros, deseñados polo Goberno autonómico, están pensados para que participen profesionais do mar (pescadores, mariscadoras ou confrarías), chefs, investigadores, operadores turísticos, docentes e alumnos, profesionais da saúde, xornalistas especializados, 'influencers' e entidades ou institucións do sector.

Mariscadores e mariscadoras apañando ameixa e berberecho na Ría de Muros e Noia
Mariscadores e mariscadoras apañando ameixa e berberecho na Ría de Muros e Noia | Fonte: Liliana Solís

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta