A Asociación Agraria de Galicia presenta candidatura en 12 órganos de goberno dos Consellos Reguladores

En total son 15 os órganos de goberno que se renovarán no mes de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2023 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A Asociación Agraria de Galicia (Asaga) anunciou que concorrerá ás eleccións convocadas nos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe e das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia con candidaturas en 12 dos 15 órganos de goberno que se renovarán no mes de febreiro.

Segundo destacou a Asociación, presentou 100 candidatos nas listas coas que concorre a 26 censos. Unha cifra que significa "un importante aumento respecto dos últimos comicios celebrados en xullo de 2017", nos que se presentou en 17 censos de 9 Consellos.

O presidente de Asaga, Francisco Bello, sinalou que co apoio que esperan obter nestas eleccións, a asociación "continuará sendo un referente dentro do medio rural galego, defendendo os intereses dos gandeiros, agricultores e pemes agroalimentarias" de Galicia.

Así, detallou a Asociación, presentará candidatura nos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, no Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia, nas Indicacións Xeográficas Protexidas Carnes de Vacún de Galicia, Castaña de Galicia, Pataca de Galicia e Mel de Galicia, así como nos Consellos Reguladores do queixo Arzúa-Ulloa e Queixo Teto.

Vendima
Vendima | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta