Touro, Vedra, Cuntis, As Neves, Lobeira e O Corgo: concellos galegos cos edificios máis enerxeticamente eficientes

A provincia da Coruña ten os peores resultados no que respecta á eficiencia dos edificios; mentres que empata con Ourense na dos bens inmobles de uso residencial.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 08/01/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Co prezo da enerxía en máximos históricos e ca guerra de Ucraína aínda como cortina de fondo, cada vez é máis importante o termo 'eficiencia enerxética'. Este pode definirse como a optimización do consumo enerxético para acadar uns niveis adecuados de confort e de servicio, por exemplo, axustando o uso da electricidade ás necesidades reais dos usuarios ou implementando mecanismos para aforrar enerxía evitando as perdas. 

Detalle do termómetro tras a entrada en vigor das primeiras medidas do Plan de medidas de Aforro e Eficiencia Enerxética da Administración Xeral do Estado
Detalle do termómetro tras a entrada en vigor das primeiras medidas do Plan de medidas de Aforro e Eficiencia Enerxética da Administración Xeral do Estado | Fonte: María José López

A nivel de país, dispoñer dun nivel adecuado de eficiencia enerxética permite, por exemplo, aumentar a seguridade de que existirá un abastecemento de enerxía suficiente para toda a poboación, de aí a súa grande importancia. E na actualidade, esta eficiencia mídese a través das letras A (máxima eficiencia), B, C, D, E, F e G (mínima eficiencia) tanto en inmobles como en electrodomésticos e noutras unidades.

Comprendido esto, queres saber cales son os municipios galegos que contan cos edificios e inmobles máis eficientes? Dende o Ministerio para a Transición Enerxética contan cun Xeoportal de Edificios Eficientes que permite aos usuarios ver cales son os diferentes niveis por concellos. A continuación, contámoscho.

España ten unha taxa anual de rehabilitación de edificios de oito a dez veces inferior á dos principais países europeos. Por iso, o Goberno elaborou unha estratexia a longo prazo para a rehabilitación enerxética con varias liñas de apoio (6.820 millóns de euros para o sector privado e o sector público e outros 1.070 millóns exclusivamente para a administración central).

A MAIOR PARTE DE BENS INMOBLES RESIDENCIAIS TEÑEN A ETIQUETA 'F'

Mapa de eficiencia enerxética dos edificios en Galicia
Mapa de eficiencia enerxética dos edificios en Galicia | Fonte: Xeoportal de Certificados de Eficiencia Enerxética

En primeiro lugar, é necesario ter en conta que o territorio galego non só se compón de edificios, senón que tamén ten outro tipo de inmobles aptos para vivir como as casas. De feito, nos concellos do rural o máis habitual son este tipo de vivendas, antes que os pisos. Polo xeral, as casas galegas son máis antigas que os edificios, de maneira que tamén terán peores estándares de eficiencia enerxética se non foron reformadas con posterioridade.

Así, falando de bens inmobles para uso residencial en xeral (tanto casas como edificios e todo tipo de construccións aptas para a vida), Galicia presenta unha composición moi deficiente. Coa etiqueta G (a peor calificación) estarían os concellos de Toques, Padrenda, Baltar, Mondariz, Dozón e Cervantes. E coa etiqueta A (a mellor), só se alzaría Pontedeva.

Entre medias, a meirande parte de bens inmobles para uso residencial estarían cualificados coa letra F (o segundo peor nivel de eficiencia enerxética). Na provincia da Coruña os inmobles aptos para vivir con este nivel de media estarían en Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, A Baña, Tordoia, Boimorto, Mesía, Vilasantar, Santiso, Aranga, Monfero, A Capela, Valdoviño e A Pobra do Caramiñal.

Na provincia de Pontevedra serían algúns menos: Valga, Vilanova de Arousa, Portas, Campo Lameiro, As Neves, Rodeiro e Agolada; igual que na de Lugo: Portomarín, O Saviñao, A Pobra de Brollón, Sober, As Nogais e Becerreá. Mentres que na de Ourense estarían a maioría de inmobles coa letra F: Quintela de Leirado, Gomesende, Ramirás, Lobeira, Entrimo, Calvos de Randín, Ribadavia, Paderne de Allariz, San Xoán de Río, Oímbra, Vilardevós, Riós, Castrelo do Val, A Gudiña, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, O Bolo, Petín, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Rubiá e Carballeda de Valdeorras.

Quizáis teña que ver co feito de que estas poboacións son precisamente as que, de media, teñen menos habitantes (salvando excepcións), estando ubicadas en núcleos rurais onde predominan as casas construidas hai anos, herdadas de xeración en xeración, e non hai edificios de varios pisos de moderna construción.

BASTANTES EDIFICIOS NOS NIVEIS 'A', 'B' E 'C'

Centrándonos agora únicamente na eficiencia enerxética dos edificios, é dicir, desas edificacións con varias plantas que no seu interior aloxan a varias familias en núcleos independentes, cada un con electrodomésticos que poden ter diferente eficiencia enerxética, observamos como o panorama galego cambia bastante. O mapa tórnase moito máis verde, é dicir, moito máis eficiente dende o punto de vista enerxético, aínda que segue habendo moitas localidades que teñen moito por mellorar.

Así, no último nivel, no G, estarían na provincia de A Coruña os edificios dos municipios de Malpica, Camariñas, Fisterra, Val do Dubra, Ordes, Carral, Arzúa, Pontedeume, Fene, Ortigueira, As Pontes, Boqueixón, Rianxo, Dodro e Porto do Son. Na de Pontevedra: Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Meaño, Poio, Forcarei, Covelo e Salceda de Caselas. Na de Ourense: Castrelo de Miño, A Bola, Vilar de Santos, Trasmirás, Monterrei, A Pobra de Trives e Manzaneda. E na de Lugo tan só A Pobra de Brollón e Ribadeo.

No nivel máximo de eficiencia, o A, tan só estarían os concellos de Touro, Vedra, Cuntis, As Neves, Lobeira e O Corgo. Mentres no B: Brión, Ribadumia, Agolada e Begonte. No nivel C: Cee, Narón, Tomiño, Catoira e Allariz. E xa no D (un punto por enriba do nivel intermedio, no que estarían a maioría dos edificios do territorio galego): Negreira, Trazo, Mugardos, Betanzos, Moaña, Tui, Rodeiro, Baños de Molgas, Maceda, Viana do Bolo, Carballeda de Valdeorras, Vilamarín, Beade, Cenlle, Viveiro, Xove, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Portomarín e Becerreá. 

INMOBLES NON RESIDENCIAIS MÁIS EFICIENTES EN BOQUEIXÓN, LOUSAME E PARADA DE SIL

Pasando agora aos inmobles non residenciais, na súa maioría aqueles adicados a administracións públicas e institucións diversas, como as de tipo educativo, podemos observar que o habitual é que prácticamente todas teñen un bo grao de eficiencia enerxética. Co nivel máis alto, o A, destacarían os inmobles deste tipo localizados nos concellos de Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio e Beade. Un escalón por debaixo, coa etiqueta B, estarían os municipios de Boqueixón, Lousame e Parada de Sil.

Coa etiqueta C: Vimianzo, Zas, Paderne, Outeiro de Rei, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, A Pobra de Trives, Os Blanco, Lobeira, Verea, Toén, Moraña, Meaño, Valga, Arzúa, Sobrado e Cerceda. Pola contra, co peor nivel de eficiencia enerxética, o G, únicamente cinco municipios: Vilaboa, Avión, A Bola, A Merca e Sandiás.

E tamén cunha mala media, etiqueta F, estarían: Coirós, Aranga, Monfero, Guntín, Baralla, Pantón, San Xoán de Río, Vilamarín, Xunqueira de Ambia, Riós, Vilardevós, O Barco de Valdeorras, Baltar, Muíños, Arbo, Crecente, Gomesende, Cartelle e Touro. 

Mapa de eficiencia enerxética dos inmobles con uso non residencial en Galicia
Mapa de eficiencia enerxética dos inmobles con uso non residencial en Galicia | Fonte: Xeoportal de Certificados de Eficiencia Enerxética
Mapa de eficiencia enerxética dos inmobles con uso residencial en Galicia
Mapa de eficiencia enerxética dos inmobles con uso residencial en Galicia | Fonte: Xeoportal de Certificados de Eficiencia Enerxética
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta