Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 10:10
O mercado de coches de segunda man rexistrou un total de 105.617 transaccións en 2022 en Galicia, o que supón un 14,92% menos que no ano anterior, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove). A isto súmase a crise das vendas de vehícuos de primeira man debido, sobre todo, a falla de materiais provocado pola guerra de Ucraína.
Desta maneira, a comercialización de turismos usados baixou en Galicia case o triplo que no total de España, xa que a nivel nacional este descenso foi do 5,6%, con 1,88 millóns de vehículos.
Só en decembro, vendéronse en Galicia 10.702 unidades, o que representa unha diminución do 22% sobre o mesmo mes de 2021, mentres que no conxunto do Estado a caída foi do 9,5%, con 191.077 vendas.
Por provincias, na Coruña comercializáronse 41.338 vehículos, un 14,94% menos que en todo 2022, mentres que en Pontevedra a caída foi do 15,42%, ata 38.061 coches. Pola súa banda, en Lugo vendéronse 14.502 unidades (-12,81%) e en Ourense, 11.716 (-15,78%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.