Dous falecidos e 72 feridos nos 57 accidentes da ponte de Reis en Galicia

O maior día de sinistros tivo lugar o 6 de xaneiro, día de Reis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

A ponte do Día de Reis deixou un balance nas estradas galegas de 57 accidentes de circulación que causaron 72 feridos e dous falecidos. Así figura na recompilación das incidencias xestionadas por Urxencias Sanitarias 061 entre o mediodía do xoves 5 de xaneiro e a medianoite deste domingo.

En total, a central de emerxencias recibiu 72 chamadas para alertar de 57 accidentes, 20 deles rexistrados no Día de Reis, xornada con maior sinistralidade do fin de semana. Pontevedra foi a provincia con máis accidentes de tráfico durante a ponte con 24, seguida da Coruña (14), Lugo (10) e Ourense (9).

En 58 dos casos atendidos os feridos foron evacuados a centros sanitarios, mentres que 12 recibiron atención no propio lugar do accidente.

Así as cousas, a ponte de Reis deixa dous falecidos nas estradas galegas. O primeiro produciuse o venres día 6 nun sinistro en Caldas de Reis (Pontevedra) no que morreu un home de 54 anos.

Un día máis tarde, o sábado 7 de xaneiro, outro home, de 41 anos de idade, faleceu nun accidente na A-52 en Salceda de Caselas no que tamén resultaron feridas a súa muller e a súa filla de 13 meses.

Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente
Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta