O Sergas amplía en máis de 250 as prazas de enfermaría tras as críticas da situación sanitaria

Pasa de 1.300 a 1.556 as prazas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ampliou en máis de 250 prazas, de 1.300 a 1.556, o concurso-oposición para o ingreso na a categoría de enfermaría, aínda que se manteñen as bases xerais e non hai que volver inscribirse salvo que se queira realizar un cambio.

A modificación da convocatoria (anexo I da resolución do 10 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos --publicada o 17 de xuño) foi publicada este luns, 9 de xaneiro, no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Así, o número de prazas é de 1.556, das cales 1.135 (fronte a 958) son de acceso libre, 332 de promoción interna (antes eran 268) e 89 reservadas para persoas con discapacidade.  Segundo consta na publicación do DOG, as bases, programa das probas selectivas e temarios, exercicios, baremo e o procedemento e prazo de acreditación de méritos para este proceso mantéñense, polo que son os aprobados pola resolución de Recursos Humanos do 15 de marzo de 2022.

Os requisitos de participación no proceso deberán reunirse dentro do prazo de presentación de solicitudes e no momento da toma de posesión como persoal estatutario fixo.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas)
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Fonte: Arquivo - EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta