Medio Rural crea tres postos de funcionario itinerante por provincia para dar apoio ás oficinas agrarias

Terán que desprazarse por cada provincia en función das necesidades que requiran as oficinas agrarias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2023 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural crea tres postos de funcionario itinerante --un enxeñeiro agrónomo, un veterinario e un administrativo-- por provincia para dar apoio ás oficinas agrarias. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o acordo de Medio Rural cos sindicatos para a creación destes postos dependentes de cada xefatura territorial.

Esta actuación enmárcase no impulso da Xunta para a mellora das oficinas agrarias, nun traballo que afecta á mellora organizativa, xestión do persoal e mellora das propias infraestruturas.

De tal forma, estes funcionarios terán que desprazarse por cada provincia en función das necesidades que requiran as oficinas agrarias comarcais e a oficina agraria móbil. Por exemplo, poden ser requiridos para axudar ante a maior carga de traballo puntual que se produza pola ausencia dalgún empregado público. Por tal motivo, entre outros requisitos, os que ocupen estes postos deberán dispor de carné de conducir para os desprazamentos que sexan necesarios.

Fotografías: A Consellería Do Medio Rural Constitúe A Mesa Dá Estratexia De Dina. XUNTA DE GALICIA
Fotografías: A Consellería Do Medio Rural Constitúe A Mesa Dá Estratexia De Dina. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta