"Incomprensible" o novo atraso na chegada dos trens Avril a Galicia

A Xunta pide que o Ministerio de Transportes dea "un cronograma concreto e certeiro" da chegada dos trens

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2023 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, criticou un novo atraso na chegada dos trens Avril a Galicia, despois de que a secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Beira, dese a entender, nunha entrevista na TVG, que estes modelos non estarán dispoñibles esta primavera.

"Comprometéusenos o pasado verán e por tanto un novo atraso é un agravio a Galicia dos trens Avril, que nos parece incomprensible". Por iso, reclamou ao Ministerio de Transportes "explicacións por este novo atraso e que traslade ao Goberno galego, sobre todo aos galegos, un cronograma concreto e certeiro da chegada destes trens a Galicia".

Ditas manifestacións realizounas Vázquez en Ferrol, no barrio de San Xoán, durante a presentación dunha iniciativa para construír dous aparcadoiros públicos neste lugar e en San Sadurniño (A Coruña).

"Estamos a 10 de xaneiro e o Goberno de España comprometeu eses trens de rodaxe desplazable, necesarios para que chegue a alta velocidade ao resto das cidades, non só a Ourense, o pasado verán, e isto significa un novo atraso", detallou a integrante do Goberno da Xunta, que cualificou de "incomprensible" esta situación.

Tren AVE de Talgo, Avril
Tren AVE de Talgo, Avril | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta