Esgotadas as entradas para o concerto de Luz Casal na Coruña

Presentará o seu novo disco, que sairá á venda no próximo mes de marzo

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 10/01/2023 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

As entradas para asistir ao concerto que ofrecerá a artista galega Luz Casal o 27 de maio no Palacio da Ópera da Coruña esgotáronse. Así o informou a empresa organizadora. As entradas saíron á venda o día 15 de decembro, polo que se despacharon en menos dun mes.

A cantante Luz Casal
A cantante Luz Casal | Fonte: Cávea Producciones - Europa Press.

Neste concerto, a solista presentará o seu novo disco, que sairá á venda no próximo mes de marzo, coincidindo cos tres anos desde que rematase a súa anterior xira 'Que corra o aire'. O álbum novo mestura novas cancións con grandes éxitos da súa carreira.

O último concerto de Luz Casal na Coruña tivo lugar o 24 de marzo de 2018. Desde os anos noventa ata a actualidade, o seu amplo repertorio cheo de éxitos fai que a cantante sexa recoñecida internacionalmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta