A compravenda de terras rústicas alcanza en 2021 a súa maior cifra desde 2008: 18.820 hectáreas a 1,2 euros cada unha

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2023 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a compravenda de 18.820 hectáreas de terras rústicas en 2021, o que supón a maior cifra desde o ano 2008, segundo informa a Consellería de Medio Rural.

O último informe do Observatorio Galego de Mobilidade de Terras recolle que, do total de vendas, 6.124 hectáreas correspondíanse con superficie agraria útil e os 12.696 restantes con hectáreas de monte.

O valor económico destas transaccións alcanzou os 230 millóns de euros. Este informe foi presentado no marco dunha reunión presidida pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, en Boqueixón.

O período 2020-2021 conta cun aumento do 54 % da superficie transaccionada en comparación co bienio anterior. O tamaño medio por parcela é de 0,3 hectáreas. Aquí, as operacións ascenden a 66.926.

No tocante a prezos, atópanse en 1,2 euros por metro cadrado de media: 1,91 euros para superficie agraria útil e 0,82 euros para o monte.

Finca de Fragaira, froitos silvestres
Finca de Fragaira, froitos silvestres | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta