O Goberno central presume de recursos "marca" para Galicia, con 13.000 millóns, fronte á "parálise" da Xunta

Miñones valora "un 32% máis" de partidas con Pedro Sánchez que con gobernos do PP e censura que "a única acción" de Rueda sexa criticar ao Executivo central

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/01/2023 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno, José Miñones, destaca a achega de recursos "marca" a Galicia en 2023, con máis de 13.000 millóns de euros entre transferencias directas, fondos Next Generation e Orzamentos Xerais do Estado. Un Executivo central que "deu a cara" e "tese arremangado por Galicia", o que contrapón á "parálise" da Xunta.

O delegado do Goberno, José Miñones
O delegado do Goberno, José Miñones | Fonte: Delegación do Goberno.

"Non é de recibo que a única acción do Gberno de Rueda sexa a declaración diaria contra o Goberno de España para ocultar a súa inactividade", recriminou Miñones --nun acto en Santiago de rendición de contas-- ao presidente da Xunta, a quen pide que "estea á altura do compromiso histórico". Pon de exemplo que, só en transferencias directas, o Executivo galego recibe 23 millóns de euros ao día para o seu financiamento.

E é que valora que "nunca un Goberno central transferira tantos recursos a Galicia na historia da comunidade". Resalta que, en cinco anos con Pedro Sánchez como presidente, a Xunta recibiría 42.696 millóns, "un 32% máis" que nos anos anterior de executivos do PP. Miñones indica que se apostou por un modelo de "protexer e avanzar", o que confronta coa fórmula elixida por gobernos populares ante a crise.

Tamén expón que Galicia recibiu do Goberno 2.690 millóns en fondos Next Generation en 2022, dos que 2.250 correspóndense co Plan de Recuperación. Desta cantidade, a Xunta "xestiona directamente máis de 1.640 millóns de euros". A iso súmanse os 1.200 millóns dos orzamentos do Estado para este ano. Todo iso "nun momento no que a Xunta máis critica ao Goberno central".

Nunha rolda de prensa para presentar un novo informe de rendición de contas, chamado 'Cumprindo', valorou que o Executivo central realiza un exercicio de "transparencia", o que compara cunha Xunta que, "por desgraza", non ofrece esa "oportunidade" aos galegos. "A día de hoxe seguimos sen coñecer onde se destinan os fondos do Plan de Recuperación que recibiu a Administración galega", reprocha.

Na súa intervención, apuntou que Pedro Sánchez cumpriu o 73% dos seus compromisos realizados durante o discurso de investidura e que ascenderá ao 80% a mediados de 2023.

"Non nos podemos permitir que o Goberno da Xunta faga seguidismo deste camiño do non que estamos a ver en Madrid a través do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e que non leva a ningunha parte", que "se instala na parálise e pesimismo", segundo José Miñones.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta