A provincia de Pontevedra presume do turismo de Nadal

Carmela Silva di que a provincia duplicou este ano as cifras turísticas do Nadal anterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A provincia de Pontevedra duplicou este ano as cifras turísticas alcanzadas no Nadal de 2021, cunha ocupación media nos hoteis do 66%.

"Afirmo tallantemente que esta foi o mellor Nadal dos últimos anos", dixo a presidenta da Deputación, Carmela Silva, ao anunciar os datos recolleitos polo Observatorio de Turismo Rías Baixas que reflicten que "todas as comarcas, polo menos, duplican as porcentaxes" con respecto á anterior campaña do Nadal.

Estes datos, dixo Carmela Silva, avalan a consecución dun dos obxectivos marcados polo goberno da Deputación de Pontevedra desde que ela o preside, a desestacionalización do turismo. "Hoxe podemos afirmar que o conseguimos, agora hai que mantelo", sinalou.

Os indicadores que manexa a Deputación de Pontevedra apuntan que, actualmente, os turistas visitan esta provincia "desde o mes de marzo ata xaneiro". Este Nadal, a ocupación media dos establecementos hoteleiros, por comarcas, foi na de Vigo un 80%; O Salnés, 62; Pontevedra, 60%; O Morrazo, 55%; Deza e Terra de Montes, 54%; Caldas, Condado e Paradanta, 52% e Baixo Miño, 50%.

Por concellos, os máis turísticos foron Vigo, que rexistrou unha ocupación do 90%; Sanxenxo, cun 70%; O Grove, co 68%; Pontevedra, onde se alcanzou o 60% e Baiona, tamén cunha ocupación media do 60%.

Varias persoas pasean polo centro da cidade de Vigo para gozar da iluminación do Nadal
Varias persoas pasean polo centro da cidade de Vigo para gozar da iluminación do Nadal | Fonte: Gustavo da Paz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta