Degustacións, catas e 'showcooks' como base da presentación de Galicia en Fitur

Nava Castro presentou este venres a 'caseta' da 39ª edición da Feira Internacional de Turismo, centrada na promoción da "etnogastronomía sustentable" galega, con 54 actos organizados ao redor desta materia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou este venres a 'caseta' que Galicia presentará na 39ª edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebrará do 18 a 22 de xaneiro en Madrid, o cal se centrará na promoción da "etnogastronomía sustentable", con 54 actos organizados ao redor desta materia.

Estes actos estarán conformados por presentacións de recursos, produtos e novidades, entre as que se atopan actividades organizadas por concellos, deputacións e xeodestinos, así como presentacións gastronómicas e mesmo deportivas.

A 'caseta', que terá máis de mil metros cadrados, estará situada no pavillón 9 de Ifema. O Executivo galego mantén desta forma a mesmo 'caseta' que o ano pasado, nun espazo que combinará creatividade e sustentabilidade "co obxectivo de optimizar gasto".

Os actos estarán repartidos entre o 18 e o 19 de xaneiro, días nos que só poderán acudir profesionais do sector, e o 20 xaneiro, data na que a Feira se abrirá ao público xeral.

O obxectivo para a Xunta nesta edición é igualar ou mellorar o gran éxito obtido na exposición de 2022, na que Galicia foi premiada pola organización da Feira como a mellor 'caseta' dentro da categoría de Institucións e Comunidades Autónomas.

'UNHA VIAXE ETNOGASTRONÓMICA E SUSTENTABLE'

A caseta de Galicia estará situado no pavillón 9 de Ifema e, en palabras de Nava Castro, pretende ser un "punto de encontro a nivel nacional e internacional" que sirva de "invitación para todas aquelas persoas que nos queiran visitar" o próximo ano.

A temática da caseta virará en torno ao patrimonio gastronómico galego que, segundo Castro, é o segundo motivo polo que os turistas elixen Galicia como destino turístico, o que o converte nun "recurso crave do modelo turístico galego".

Con presentacións de alimentos e viños, degustacións e 'showcooks' promocionarase, neste "escaparate internacional", a etnogastronomía galega que, "baseada na calidade da materia prima local e a súa cociña, forma parte do patrimonio da identidade e estilo de vida da Comunidade", indicou Nava Castro.

O posto estará deseñado en base a un modelo circular baseado nas "4 R's" (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar), en relación ao segundo eixo da exposición: a sustentabilidade. Este concepto, segundo a directora de Turismo, está moi relacionado co Camiño de Santiago xa que é unha ruta que se fai "a pé, en bicicleta ou a cabalo", sen deixar pegada ambiental.

Castro aproveitou este momento para facer balance dos datos turísticos rexistrados por Galicia neste último ano Xacobeo, no que "se superaron os 6 millóns de turistas" e chegaron a Santiago máis de 430.000 peregrinos, "cifras históricas" que Castro espera repetir en 2023.

A directora  de Turismo de Galicia, Nava Castro, a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e a directora do Centro Superior de Hostalaría, Marta Fernández, presentan en rolda de prensa a caseta de Galicia en Fitur
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e a directora do Centro Superior de Hostalaría, Marta Fernández, presentan en rolda de prensa a caseta de Galicia en Fitur | Fonte: CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta