Galicia vivirá este domingo a entrada dunha fronte fría que deixará neve en cotas baixas

O martes entrará unha masa de aire frío que "vai durar máis días", con precipitacións en forma de neve e baixadas de temperaturas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2023 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

Unha fronte fría entra en Galicia este domingo e deixará neve en cotas baixas, sobre 800 metros, que pode chegar mesmo a descender de forma puntual durante a próxima semana, na que se producirá unha baixada de temperaturas.

En declaracións á prensa, María Souto, meteoróloga de Meteogalicia, explica que haberá unha entrada de aire frío entre a noite do sábado e o domingo, o que será "un aperitivo" dunha situación "máis invernal e xa de frío de xaneiro que vai vir a partir do martes".

Así, este domingo "vai suceder que pode nevar en cotas relativamente baixas", ao redor dos 800 metros, aínda que serán copos "vanse a desfacer moi pronto porque vai volver o vento do sur". Con todo, activouse un aviso por acumulación de cinco centímetros de neve na montaña de Lugo e Ourense na madrugada do domingo.

Tras un lixeiro ascenso de temperaturas durante o luns, o martes entrará unha masa de aire frío que "vai durar máis días", con precipitacións en forma de neve e baixadas de temperaturas. Será "unha situación normal de inverno", pero contrasta despois de "tantos meses" con tempo cálido e ventos do sur.

A partir do martes, "probablemente máis aló de 800 ou 900 metros" non baixará a cota de neve, aínda que "pode haber unha baixada puntual", pero que "non parece" posible que calle, dado que haberá ventos do noroeste e non se esperan precipitacións "tan altas". "Pero bo, si que pode ser rechamante ver a neve", apunta Souto, tras unha situación "radicalmente distinta" aos últimos meses.

Dous peregrinos camiñan na neve polo pobo prerromano do Cebreiro / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press
Dous peregrinos camiñan na neve polo pobo prerromano do Cebreiro / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta