Non á equidistancia

Na análsie mediática do asasinato de Jimmy, o seareiro deportivista guindado ao Manzanares na mañá do 30-N, abrollou con forza dende Madrid xa nos primeiros momentos unha teoría da equidistancia: Riazor Blues e Frente Atlético eran todos extremistas, uns de dereita e outros de esquerda e partillaban os mesmos medios violentos. Mesmo algúns (e non sempre só os media da dereita madrileña) atrevíanse a formular a tese de que o principal responsábel era o proprio morto, por viaxar a Madrid. O presidente da Liga de Fútbol Profesional, antigo militante da extrema dereita inconstitucional, chegou expresar o que moitos pensaban: “Teríamos suspendido o partido se o morto fose un seareiro normal”. Despois cesaría Lendoiro do seu cargo na devandita Liga, simplesmente por se achegar ao enterro de Jimmy expresar as súas condolencias, como adoitamos facer a inmensa maioría dos galegos, sexa de quen fór o velorio.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 08/12/2014

Comparte esta noticia
Non é certo que os Riazor Blues e o chamado Frente Atlético sexan iguais. Os atléticos profesan unha ideoloxía e simboloxía neonazi ou, cando menos, de extrema dereita españolista. E son coñecidos os vencellos de varios dos seus membros con actividades delictivas ou, cando menos, “lumpen”. Agardaron polos deportivistas con premeditación e bateron neles con alevosía, armados de paos, bates, nunchakos e outras armas. Canto aos Blues é certo que algúns dos seus membros non fan exhibición de bo criterio e non dan bó exemplo. Mais semella que non son delincuentes nin profesara unha ideoloxía de odio, violencia ou exclusión. Mesmo nin se pode dicir que exista unha ideoloxía común entre os seus seareiros, de non ser a afección incondicional polas cores brancas e azuis deportivistas.
 
Xa que logo,  non é posíbel equipararmos os uns cos outros. Non é posíbel a equidistancia entre os que mallan na xente armados e os que se defenden. Non é admisíbel xulgarmos ninguén pola súa fasquía exterior. Non é presentábel botarlle a culpa do crime ao proprio morto.
 
E compre que dende Galicia non merquemos os relatos que dende Madrid constrúen para nos explicar a nós proprios. Compre menos preguiza mental, máis capacidade de análise e máis autoaprezo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.