Movementos animalistas piden moratorias para a caza do raposo similares ás que se fan en Luxemburgo

Dita proposta contrasta co apoio de rexións europeas como Galicia, que mantén a aposta polas convocatorias de subvencións de caza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2023 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

A Fundación Franz Weber solicitou implantar unha moratoria ou tempo morto na caza de determinadas especies como os raposos, como sucedeu en Luxemburgo no ano 2015.

Así, a asociación animalista expuxo prohibir a caza destes animais que son obxecto de centos de batidas e mesmo "campionatos" achegando o exemplo do ducado de Luxemburgo, onde por mor da moratoria lograron estabilizar a poboación de raposos e diminuír as enfermidades relacionadas con eles.

Dita proposta contrasta co apoio de rexións europeas como Galicia, que mantén a aposta polas convocatorias de subvencións de caza, permisos para realizar competicións e a consideración das mesmas como un deporte.

A ONG denuncia que a propia Xunta de Galicia permite estas "matanzas" sen un estudo científico que defenda esta actividade que tan só no período entre 2011-2017 cobrou a vida de 75.000 raposos na comunidade.

Ademais, resaltaron que en máis de 95% do territorio se permita unha actividade que definen como "ultraminoritaria" xa que tan só é practicada polo 1,37% da poboación.

Raposo
Raposo | Fonte: turismo de observación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta