Risco de desbordamento en oito ríos galegos

Axega advirte que están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o Plan Especial ante o risco de inundación en Galicia (Inungal), en situación de alerta, ante o perigo de desbordamento dos ríos Lérez, en Pontevedra; así como do Mera, en Ortigueira; e do Furelos, en Santiso.

Imaxe de arquivo dun río inundado polas enchentas da chuvia
Imaxe de arquivo dun río inundado polas enchentas da chuvia | Fonte: XUNTA - Europa Press

Tamén hai alerta nos ríos Mandeo, en Betanzos; Ouro, en Foz; o Parga, en Guitiriz; o Ladra, en Vilalba; e o Tambre en Oroso.

Así consta na web da Axencia Galega de Emerxencias, no apartado relativo aos avisos. Na notificación faise constar que, segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais, polo que poden chegar a darse desbordamentos puntuais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta