O Concello de Santiago tería alugada unha nave dunha empresa vinculada ao concelleiro de Medio Rural sen necesidade

O grupo municipal de Compostela Aberta acusou este luns ao goberno de Santiago de alugar unha nave para os servizos municipais de Medio Rural e Parques e Xardíns incorrendo en "diferentes irregularidades".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O grupo municipal de Compostela Aberta acusou este luns ao goberno do Concello de Santiago de alugar unha nave para os servizos municipais de Medio Rural e Parques e Xardíns a unha empresa "vinculada ao actual concelleiro de de Medio Rural e a outros cargos do PSOE", incorrendo en "diferentes irregularidades".

Segundo explicou Compostela Aberta, a Xunta de Goberno aprobou o 14 de setembro de 2021 o aluguer dunha nave do Polígono de Costa Vella para a localización provisional dos servizos municipais de Medio Rural e Parques e Xardíns, ata entón situados na vella estación de autobuses.

Tal e como consta no expediente, o traslado dos departamentos debía efectuarse con data do día seguinte, 15 de setembro, porque esa era a data límite fixada pola Xunta para o desaloxo da estación para a súa derriba.

A proposta aprobada nesa Xunta de Goberno establece un prazo de 4 meses para ese aluguer provisional e, afirma CA, "inclúe un informe da Intervención municipal que advirte que non figura ningún informe xurídico que xustifique adecuadamente os motivos que sustentan a adxudicación directa e a ausencia dun procedemento de concorrencia pública, que é a norma xeral".

A pesar desa advertencia, denuncian, o goberno local "mantén o aluguer" con esta empresa 16 meses despois, cun custo total que se achega aos 90.000 euros.

Polígono de Costa Vella, en Santiago
Polígono de Costa Vella, en Santiago | Fonte: Google Maps

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta