O BNG reclama consenso cos veciños de Lavacolla opostos ao Plan Especial do Camiño Francés

Os nacionalistas levarán ao Pleno de xaneiro unha iniciativa para tentar conseguir o apoio da Corporación para a paralización provisional deste plan até chegar a un acordo cos veciños.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O BNG reuniuse este luns no Parlamento de Galicia cos veciños de Lavacolla que se opoñen ao desenvolvemento do Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés de Santiago e esixiu un diálogo previo sobre as condicións, procedementos e recursos que se pon a disposición da veciñanza para poder executar ese plan.

Segundo sinalou o Bloque nun comunicado, a portavoz municipal, Goretti Sanmartín, destacou que moitas das medidas dese plan "están referenciadas en normativa galega e a Xunta debe apoiala economicamente".

Así mesmo, sinalou que os veciños esixen que "se cre unha liña de axudas con capacidade suficiente para financiar unha boa parte das medidas e que haxa un plan de melloras e de investimento de servizos".

Desta forma, o BNG trasladará ao Pleno de xaneiro unha iniciativa para tentar conseguir un apoio da Corporación para a paralización provisional deste plan mentres non se chegue a consenso cos veciños.

A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín. CAPTURA (YOUTUBE)
A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín. CAPTURA (YOUTUBE)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta