As Forzas de Seguridade desenvolven unha operación antidroga en Vilanova e en pleno centro de Vilagarcía

Polo momento non hai confirmación de posibles detencións nin incautacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2023 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

A Garda Civil, en coordinación co Corpo Nacional de Policía e o Servizo de Vixilancia Aduaneira, están a levar a cabo este martes unha operación de loita contra o narcotráfico na comarca de Arousa. Así, desde primeira hora da mañá están a realizarse rexistros en varias vivendas dos municipios de Vilanova e de Vilagarcía de Arousa.

No caso de Vilagarcía, os rexistros están a levarse a cabo en pleno centro urbano, na rúa Santa Eulalia e na praza de Ravella, situada xusto fronte ao Concello. Á vez que levaba a cabo o despregamento policial, no que se utilizaron cans da unidade canina da Garda Civil, un helicóptero sobrevoou durante toda a mañá o centro de Vilagarcía.

Fontes da investigación confirmaron a Europa Press que a operación está en pleno desenvolvemento. Polo momento non hai confirmación de posibles detencións nin incautacións.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta