A Xunta asegura que o anteproxecto da lei do litoral será "moi participado"

A conselleira de Medio Ambiente di que se reunirán cos grupos políticos con representación no Parlamento para chegar a consensos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/01/2023 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse este martes cos concellos costeiros coa pretensión de explicarlles con detalle o anteproxecto da lei do litoral, que espera que sexa "moi participado".

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez | Fonte: Xunta de Galicia.

Vázquez lembrou "no seu día" este proxecto xa foi remitido aos gobernos locais, pero que a Xunta entende que "é bo que as persoas que levaron a cabo a súa redacción e fixeron a maior contribución se poidan dirixir a alcaldes e técnicos para que coñezan os seus obxectivos".

Así mesmo, insistiu en que esta lei "non se extralimita e ten aval constitucional e estatutario". Deste xeito, indicou que "se centra nas competencias que outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia", nos ámbitos do ambiental, o social e o económico..

Ademais, subliñou que son os concellos os que "sofren de primeira man as consecuencias desas interpretacións moi restritivas nos últimos anos que estaba a levar a cabo Costas do Estado" e que isto provocou "algunha que outra inseguridade xurídica".

Nesta liña, destacou que "tentan sacar adiante unha lei que só pretende defender os intereses de Galicia" e que os concellos "sigan levando a cabo proxectos tan básicos como o saneamento de augas ou a rehabilitación dunha vivenda".

FALTA DE CONSENSO POLÍTICO

Ante as críticas dos partidos da oposición, Vázquez insistiu en que desde a Xunta queren "que sexa unha lei moi participada" e que se reunirán co tres grupos políticos con representación no Parlamento galego.

Con todo, fixo fincapé en que a lei "ten un percorrido" e lembrou que o día 20 deste mes remata o prazo de alegacións e propostas. Así, indicou que "se contestarán e o anteproxecto irá de novo ao Consello da Xunta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta