Ourense e Lugo están entre as cidades coa factura de auga máis barata en 2022

Así o reflexa un estudo realizado por Facua-Consumidores en Acción entre 57 cidades españolas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2023 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

As cidades de Ourense e Lugo están entre as que tiveron a factura de auga máis barata en 2022, segundo un estudo realizado por Facua-Consumidores en Acción entre 57 cidades españolas.

En concreto, a factura da auga varía ata un 434,8 % segundo a cidade na que se reside. O estudo pon de manifesto que Valencia é a cidade peninsular coas tarifas máis caras para os dous perfís de consumo analizados (9 e 13 metros cúbicos mensuais) e os dous calibres de contador (13 e 15 mm). Murcia ocupa a segunda posición.

No outro extremo, a tarifa máis barata atópase en León (modelo de xestión mixto), cun prezo de 6,24 euros para un consumo de auga de 9 metros cúbicos ao mes, independentemente de se o calibre é de 13 ou 15 mm. Tamén é a cidade máis barata para un consumo mensual de 13 metros cúbicos sen importar o calibre do contador, cunha tarifa de 8,77 euros.

Para un consumo de 9 metros cúbicos, independentemente do calibre do contador, séguenlle Palencia (empresa privada), 7,14 euros; Soria (xestión mixta), 7,73 euros ao mes; Oviedo (xestión privada), 7,93 euros; e Ourense (xestión privada), 8,23 euros.

Se o consumo é de 13 metros cúbicos, Palencia é a segunda cidade máis barata, sen importar calibre do contador (9,05 euros), e tamén repite Soria en terceira posición: 11,16 euros en ambos os casos. A partir da cuarta xa difire. Se o calibre é de 13 milímetros, a cidade é Guadalaxara (11,79 euros) e en quinta posición está Lugo (11,91 euros). Se é de 15 milímetros, atópanse Lugo (11,91 euros) e Ourense cae á quinta posición (12,12 euros).

Unha billa de auga
Unha billa de auga | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta