Rematadas as obras de humanización da rúa Vázquez Núñez de Ourense tras dez meses, unha actuación "estratéxica"

Un espazo central comunica dúas zonas verdes.

Por E.P. | Ourense | 17/01/2023 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

Rúa Vázquez Núñez no barrio da Carballeira, en Ourense, quedou desde este martes aberta de novo, tras as obras de acondicionamento e humanización levadas a cabo no últimos dez meses. Os traballos contemplaron a substitución das instalacións de abastecemento de auga, iluminación e redes de servizo. En palabras do rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, "trátase dunha actuación estratéxica e moi necesaria para o barrio".

O Concello abre a rúa Vázquez Núñez tras as obras de acondicionamento e humanización
O Concello abre a rúa Vázquez Núñez tras as obras de acondicionamento e humanización | Fonte: Concello de Ourense

A rúa conecta Marcelo Macías coa zona alta da Carballeira e nela ampliáronse e substituíronse as beirarrúas orixinais cun espazo central para comunicar dúas zonas verdes e tamén se incluíu colocación de mobiliario urbano.

"Trátase da recuperación dun espazo que daba prioridade ao tráfico rodado con escasas beirarrúas e vía estreita", comentou o arquitecto responsable da obra, Marcos Diéguez.

Así mesmo, expuxeron que a rúa actualmente conta cunha densidade de "tráfico media", con tráfico de vehículos de mercadorías e turismos. O importe da adxudicación foi de 361.911 euros. Pérez Jácome xa avanzou as próximas licitacións nas rúas Alejandro Pedrosa, Avenida de Portugal e Parada Justel.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta