Os falecidos con covid elévanse en Galicia a 4.045 tras tres novas mortes

Tamén ascenden os casos activos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Os falecidos con covid elévanse en Galicia a 4.045 tras tres novas mortes, notificadas pola Consellería de Sanidade. Mentres os casos activos aumentan pasando de 1.233 a 1.265, de acordo co último parte ás 18,00 horas do día 17.

No que se refire a os falecementos, producíronse o pasado 12 de xaneiro, o dunha muller de 86 anos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, e o 16 de xaneiro, neste caso dous homes, un de 89 anos e outro de 96 anos, na área sanitaria de Vigo. Todos tiñan patoloxías previas.

En canto aos casos activos, segundo a última actualización, ascenden a un total de 1.265, dos que 319 son da área sanitaria da Coruña; 162 da de Lugo; 140 da de Ourense; 122 da de Pontevedra; 195 da área de Vigo; 208 da de Santiago e 119da de Ferrol.

Nas últimas horas, en Galicia houbo un total de 73 novos casos abertos por covid, dos que 13 corresponden á área da Coruña-Cee; 10 á de Ferrol; oito á de Lugo e outros tantos á de Ourense. Ademais, houbo cinco na de Pontevedra-O Salnés e 12 e 17, respectivamente, nas de Santiago e Vigo.

En canto á situación nos hospitais, produciuse un lixeiro descenso pasando de 208 no último parte a 198, dos que 186 están en planta e 12 en UCI. Hai tamén 1.067 persoas en domicilio, mentres que o número de persoas curadas elévase a 687.608 persoas.

Por áreas sanitarias, hai 47 ingresados en planta e cinco en UCI na da Coruña-Cee; 17 en planta na de Ferrol, ningún en UCI; 21 en planta e un en unidade de coidados intensivos na de Lugo e 28 e catro, respectivamente, na de Ourense.

Na de Pontevedra-O Salnés son en planta 26 e dúas en UCI, mentres que na de Santiago de Compostela-Barbanza non hai ningún en coidados intensivos e 17 están en planta. Na de Vigo, tampouco hai en UCI e son 30 en planta.

Vacinación covid-19 a nenos 11 anos / ÁLVARO BALLESTEROS - Europa Press / Europa Press
Vacinación covid-19 a nenos 11 anos / ÁLVARO BALLESTEROS - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta