O concelleiro compostelán José Manuel Pichel dimite polo aluguer municipal dunha nave a unha empresa vinculada a el

O concelleiro recoñeceu que "cometeu un erro considerable", o "non comunicar ao alcalde nin ao resto da Xunta de Goberno" que é accionista desta empresa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O concelleiro compostelán José Manuel Pichel presentou este mércores a súa dimisión do seu cargo tras transcender que o Concello de Santiago alugou unha nave industrial para o departamento de Parques e Xardíns a unha empresa á que el mesmo está vinculado como accionista.

Nunha rolda de prensa no consistorio, o concelleiro recoñeceu que "cometeu un erro considerable", o "non comunicar ao alcalde nin ao resto da Xunta de Goberno" que é accionista desta empresa, aínda que afirmou que o fixo "sen mala fe" e sen "ningunha intención de ocultar" esta situación. En todo caso, e para que "non se cuestione a honorabilidade" deste goberno local, decidiu presentar a súa dimisión.

O concelleiro compostelán José Manuel Pichel.
O concelleiro compostelán José Manuel Pichel. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta