A Xunta quere as "mesmas regras de xogo" para a tramitación dos parques eólicos en Galicia e en España

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reclamou ao Goberno central as "mesmas regras de xogo" sobre a tramitación dos parques eólicos, en referencia ás esixencias a nivel autonómico e estatal.

Fíxoo ao ser preguntado, nunha visita a unha autoescola de Culleredo, polo prazo do 24 de xaneiro fixado polo Ministerio de Transición Ecolóxica para que exista a declaración de impacto ambiental (favorable ou desfavorable), xa que, en caso contrario, perderíase o dereito de acceso e conexión.

Rueda asegurou que isto provocou por parte dos servizos autonómicos unha "carga de traballo moi grande", pero insistiu en que non se autorizará "ningún" que non reúna "os requisitos de impacto ambiental".

Así, apuntou que se está traballando "para cumprir o prazo que puxo o Ministerio", pero reclamou as "mesmas regras" que a nivel estatal. "Agora falan dunha prórroga dos parques que tramitan eles", indicou.

Ademais, pediu "máis colaboración" do Ministerio por pedirlles documentación "enviada fai máis dun mes e que volven requirir"."Espero que faga o que lle corresponde porque nos xogamos moito", apostilou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da  conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na visita ás instalacións dunha autoescola en Culleredo
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na visita ás instalacións dunha autoescola en Culleredo | Fonte: DAVID CABEZÓN - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta