O PSdeG de Castrelo acusa ao alcalde do PPdeG de "empadroamentos masivos" en casas pechadas

O rexedor rexeita as críticas "destrutivas" e defende que é "un país libre".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O PSdeG de Castrelo de Miño denunciou ante a Valedora do Pobo e o Instituto Nacional de Estatística (INE) os empadroamentos "masivos" que levou a cabo, acusa, o PP neste municipio, gobernado actualmente polos populares. Segundo os datos do PSdeG, das 46 novas altas rexistradas no padrón municipal no último trimestre, aprécianse "numerosas irregularidades" unha vez consultado o expediente.

"Estamos un país libre, cada un empadróase onde lle dá a gana", defendeu, en declaracións a Europa Press, o rexedor de Castrelo, Avelino Pazos, quen atribuíu o interese por empadroarse neste municipio aos servizos públicos gratuítos como as casas niño, as residencias do maior ou o bo funcionamento do colexio e o transporte escolar.

Así, advertiu de que cando chegou ao goberno municipal pasáronse de algo máis de 2.000 habitantes a 1.300, o cal atribúe ao "desgoberno" e ás políticas "erróneas" do anterior equipo local. Neste sentido, reafirmouse en animar a todos os cidadáns que sexan de Castrelo a que se empadroen nesta localidade, porque "están a facer as cousas ben" e é importante para "non perder poboación" e manter os servizos, xa que o seu financiamento depende da poboación.

Os socialistas aseguran que estes empadroamentos "masivos" levaron a cabo en casas "totalmente pechadas e inhabitadas" e que son "propiedade" de concelleiras "do PP, do tránsfuga e mesmo familiares directos de cargos do PP".

Os socialistas poñen o foco, principalmente, no núcleo de poboación de Covelas, no que se empadroaron 14 persoas, sete nunha casa dun concelleiro do PP e tenente de alcalde e outros sete na casa dun familiar directo desta persoa, segundo sostén o PSdeG.

Os socialistas critican que as persoas empadroadas "non residen" no concello un mínimo de 180 días, tal e como está establecido legalmente, e apuntan que tampouco hai constancia de que exista "relación entre os empadroados nunha mesma vivenda, nin de que exista autorización por parte dos propietarios da vivenda".

O PSOE denuncia empadroamentos en casas deshabitadas en Castrelo de Miño (Ourense)
O PSOE denuncia empadroamentos en casas deshabitadas en Castrelo de Miño (Ourense) | Fonte: PSDEG

CASAS PECHADAS

A portavoz do PSdeG en Castrelo de Miño, Catalina González Álvarez, explicou que, no caso de Covelas, trátase de dúas casas que "non están habitadas e que se atopan pechadas baixo sete chaves", tal e como "comprobaron" ao desprazarse ata ese lugar en varias ocasións.

"O alcalde, que vive en Toén, tamén participou no empadroamento, xa que na casa dos seus pais vén de empadroar ao seu fillo e varios familiares, mentres que na casa doutro concelleiro do PP fixo o propio coa súa cuñada e o marido da súa cuñada", explicou a portavoz socialista.

"DESVIRTUANDO O CENSO"

A edil socialista sinalou que, con esta forma de actuar, está "a desvirtuarse o censo", xa que os datos "non son reais, porque en moitos casos trátase de xente de Ourense sen relación con Castrelo, só co PP". Así, dixo que puideron comprobar que as casas de Covelas "están totalmente deshabitadas".

Fronte ás acusacións, o rexedor de Castrelo asegurou, en declaracións a Europa Press, que ao PSOE "todo está mal" e están instalados na "crítica destrutiva". "Cando non teñen outra forma de atacar, crean crispación, pero non lles vou a entrar no xogo", sinalou, ao ser preguntado polas acusacións que atribúen empadroamentos vinculados a dirixentes populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta