Santiago estuda todo o expediente sobre o alugueiro dunha nave vinculada ao exconcelleiro José Manuel Pichel

Desde o Concello resaltan que o goberno local actuou "con responsabilidade", "total transparencia" tras ter coñecemento deste caso.

Por E.P. | Santiago | 19/01/2023 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago está a analizar xuridicamente todo o expediente relativo ao alugueiro dunha nave industrial vinculada ao xa exedil José Manuel Pichel, que presentou a súa dimisión este mesmo mércores, para determinar se houbo algún tipo de nulidade e "decidir o que facer".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO

Así o explicou a concelleira Mercedes Rosón, en declaracións aos medios, tras unha rolda de prensa en Santiago, nas que apuntou que o propio exedil "foi moi claro" á hora de explicar os motivos da súa renuncia nunha comparecencia para tal fin.

Rosón asegurou que o goberno local actuou "con responsabilidade", "total transparencia" e "total rapidez" tras ter coñecemento deste caso e apuntou, como el mesmo dixo ante os medios, que "o erro" de José Manuel Pichel foi "non poñer en coñecemento do alcalde e dos membros da Xunta de Goberno" que aprobaron o alugueiro "a relación entre a empresa" da que o foi administrador único e a propietaria do inmoble, Desproi S.L.

"E o seu gran acerto é como respondeu de forma inmediata cando se equivoca", engadiu a concelleira, para quen o exercicio de "cargos institucionais" require "distinguir entre o plano legal e o ético" e manter "a esixencia" en ambos. "Ante calquera sombra de dúbida sobre accións que poidan ser non legais ou non éticas, o único que cabe é dimitir, e neste caso foi moi rápido e moi claro", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta