Temas: MANZANEDA NEVE

Manzaneda di adeus a súa reapertura tras derretir a neve

A estación tiña previsto reabrir este venres despois dunha "longa tempada" sen neve.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/01/2023 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A estación de montaña de Manzaneda  quedou finalmente sen reabrir as súas pistas, debido a que as choivas derretiron a neve.

Así o ratificou, en declaracións a Europa Press, o alcalde, Amable Fernández, quen lamentou a situación e constatou que na localidade hai, polo momento, "total normalidade".

A estación tiña previsto reabrir este venres despois dunha "longa tempada" sen neve. "É unha pena porque había unha boa capa, pero por mor das choivas derretiu bastante", lamentou o rexedor.

Un banco cuberto de neve, a 18 de xaneiro de 2023, en Xunqueira  de Espadanedo
Un banco cuberto de neve, a 18 de xaneiro de 2023, en Xunqueira de Espadanedo | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Temas: MANZANEDA NEVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Maria Xose

O cooecto seria " comeza a derreterse"