A Xunta aumenta en 350 millóns a subvención á educación privada ata 2029

Os centros privados e concertados poderán solicitar subvencións ata os 1.900 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/01/2023 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a orde da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades coas normas para solicitar/renovar e aplicar os concertos educativos con centros privados de Galicia para os próximos 6 cursos académicos.

Así, as solicitudes para os concertos do próximo curso (2023/24) poderán presentarse desde este sábado e durante un mes; mentres que as solicitudes para os próximos cursos poden realizarse no mes de xaneiro anterior ao comezo de cada curso.

Segundo se recolle en dita orde, a Xunta contempla a previsión de destinar 1.901,8 millóns de euros a estes concertos: uns 270,5 millóns a concertos para Educación Infantil, 1.358,3 millóns para Educación primaria e ESO, 100,3 millóns para Educación Especial e 162,6 millóns para Formación Profesional. Con todo, precisaron fontes de Educación, estas cantidades reflicten un "compromiso de gasto máximo" e as contías anuais varían en función das unidades que se concierten en cada curso e de como vaia variando o módulo establecido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Esta renovación, segundo a Xunta, realizase, "debido a que os actuais concertos, vixentes desde 2017, terminan ao final do actual curso académico". Na orde publicada en marzo de 2017, o compromiso máximo de gasto para o seis cursos posteriores ascendeu a case 1.550 millóns de euros.

Os centros interesados na subscrición teñen ata o 20 de febreiro e deberán axustarse ao establecido na Lomloe, e no resto de normativas de aplicación. Os concertos aprobados, como é habitual, revisaranse cada ano para axustalos á realidade dos centros e ás necesidades educativas da súa zona de influencia.

Colexio privado feminino
Colexio privado feminino | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Nengum povo é inocente da sua história. Os humildes votam aos seus carrascos, os partidos da burguesia madrilenha, os Centros de Ensino dos seus filhos serám cortelhos; enquanto os privados e clericais, onde vam os filhos dos seus capatazes, terám toda-las vantagens; e para mais inri, financiados com os seus impostos.