Asociacións denuncian "connivencia" entre Xunta e empresas para fomentar os eólicos e avanzan vías penais

Denuncian un "atentado ambiental" da Xunta con decenas de aprobacións nas últimas semanas. Prevén unha avalancha de alegacións e recursos xudiciais contra os proxectos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2023 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

Representantes de diferentes asociacións e colectivos en contra de eólicos en Galicia prevén unha avalancha de alegacións e recursos xudiciais contra as decenas de proxectos aos que se están dando luz verde nos últimos días, incluída "a vía penal" contra cargos da Administración.

Agrupados baixo a plataforma Aldeas Libres de Macroélicos, representantes de varios colectivos protestaron este venres ante a Xunta, en Santiago, con pancartas nas que se podía ler 'Enerxía eólica si, pero así non', á vez que realizaban cánticos como: 'O capital bótanos do rural'.

A portavoz da plataforma Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo, Aranza González, denunciou que "o que se están facendo con Galicia non ten nome", pois "se está perpetrando un atentado ambiental" con "publicacións incesantes no DOG" de decenas de proxectos. Pon de exemplo o "ataque sen precedentes" de 30 autorizacións entre dous días.

Respecto diso, Leandro del Río, técnico asesor de distintas asociacións e plataformas antieólicas, explica que, "a maiores da vía administrativa", analizaranse accións penais naqueles casos nos que exista sentenza firme do Supremo en relación coa fragmentación de parques ou naqueles proxectos que se aproben a pesar de ter informes desfavorables ou con incumprimentos graves da legalidade.

"Existe unha conivencia moi forte entre as empresas e administración na tramitación de parques eólicos, e a intención é demostrar en vía penal e esixir responsabilidades ás que haxa lugar tanto de cargos de funcionarios da administración como dos propios redactores dos proxectos e empresas que os promoven", asegura.

"Temos xa o apoio da cornixa cantábrica, cun fondo para investir en vía xudicial e xa temos o respaldo económico para inicialas", sostén del Río sobre as accións a emprender por estes colectivos. Nesta liña, denuncia que o proceso eólico leva anos "mal planificado" e vai afectar " dun modo moi grave tanto ao medio ambiente como á saúde das persoas", así como "desde o punto de vista económico".

COLAPSO

Neste sentido, o presidente da asociación Petón do Lobo, Ismael Antonio López, avisa de que se vai a facer un estudo "minucioso" para recorrer cada proxecto aprobado que "non estea claro", xa que non se van a "quedar parados". De feito, augura que esta situación vai colapsar "a administración "pola entrada de alegacións".

En relación á decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de acoller a medida precautoria consistente na suspensión dos permisos para construír o parque eólico Monte Toural, por parte de Greenalia, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), explicou que "agora se vai estudar o que realmente non se fixo antes". "O que pasa con ese parque eólico vai pasar con tantos outros", afirma.

Protesta de asociacións contra proxectos eólicos
Protesta de asociacións contra proxectos eólicos | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta