Tres accidentes de tráfico deixan cinco feridos en Sobrado, Vigo e Verín

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2023 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Cinco persoas resultaron feridas na tarde deste venres en tres accidentes de circulación rexistrados en Sobrado dos Monxes, Vigo e Verín.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o primeiro produciuse ás 16,00 horas na estrada AC-840 á altura da parroquia de Folgoso, en Sobrado, onde dous turismos chocaron.

A consecuencia do impacto, o condutor dun dos coches saíu ferido, polo que tivo que ser evacuado en ambulancia ao Hospital San Rafael da Coruña. No outro vehículo viaxaban unha muller e un menor, quen sufriron feridas pero non necesitaron ser trasladados.

Unha hora máis tarde, dúas persoas foron atropeladas na rúa do Conde de Torrecedeira, en Vigo, á altura do número 81. As vítimas, nai e filla, resultaron feridas e foron evacuadas a un centro hospitalario.

O último dos accidentes de circulación produciuse tamén ás 17,00 horas deste venres en Verín, onde dous coches impactaron frontalmente cando circulaban por Campo da Lama, na Rasela.

Neste sinistro resultou ferida a condutora dun dos vehículos, que tivo que ser evacuada polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta