Rueda presume do fallo sobre o plan de marisqueo: "A Xunta tiña razón"

O presidente galego lamentou que "agora" o Goberno central "empéñase en que Galicia non xestione o seu litoral"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2023 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considerou que a decisión do Tribunal Supremo de non admitir a trámite o recurso do avogado do Estado ao plan galego de marisqueo evidencia que o Goberno "ten que escoitar" a Galicia á hora de xestionar "a explotación" do seu litoral e os seus recursos pesqueiros con respecto á conservación do medio ambiente e a Constitución.

Así se pronunciou en declaracións aos medios o presidente galego en Ribeira, onde mantivo este sábado un encontro con representantes das confrarías galegas no que tamén participou a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Para Rueda, a decisión da a sala do contencioso administrativo do Tribunal Supremo coñecida este venres "é a demostración" de que a Xunta tiña "razón" e que o recurso ao plan de marisqueo "non tiña ningún fundamento".

A continuación, o presidente galego lamentou que "agora" o Goberno central "empéñase en que Galicia non xestione o seu litoral", en alusión á normativa anunciada pola Xunta que o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, cualificou de "case unha declaración de independencia".

"As palabras fóra de ton e oporse a diario a todo o que propoña a Xunta fai que ao final teñan os tribunais que intervir. Non queremos iso, queremos facer as cousas ben e, se pode ser da man do Goberno central, moitísimo mellor", concluíu.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañada da conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Ribeira. XOÁN CRESPO
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañada da conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Ribeira. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta