A covid comeza a ser residual en Galicia

Hai só 886 casos en todeo o país.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/01/2023 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Os casos activos por covid descenderon en Galicia por baixo da cifra de mil, ata situarse nun total de 886 --fronte aos 1.144 das cifras achegadas na xornada do sábado--, segundo o último parte da Consellería de Sanidade, actualizado ás 18,00 horas do domingo.

Deles, 195 son da área sanitaria da Coruña; 118 da de Lugo; 93 da de Ourense; 86 da de Pontevedra; 157 da área de Vigo, 146 da Santiago de Compostela e 90 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, nove están en UCI e 147 en unidades de hospitalización, un total de 156 fronte aos 165 notificados no anterior parte, aos que se suman 730 persoas en seguimento nos seus domicilios.

O número de falecidos mantense en 4.049 tras os dous últimos falecementos, un o 19 de xaneiro, unha muller de 89 anos na área sanitaria de Ourense, Verín, O Barco de Valdeorras, e outro un home de 86 anos, o día 20, na área sanitaria da Coruña e Cee, ambos con patoloxías previas.

Nas últimas horas, en Galicia abríronse 25 novos casos, dos que tres corresponden á área da Coruña, igual que na de Ferrol e outro catro, respectivamente, ás de Lugo e Ourense. Na de Pontevedra, non se abriu ningún e nas de Santiago e Vigo foron, á súa vez, dúas e nove.

En canto aos hospitalizados, na área sanitaria da Coruña son 27 en planta e catro en UCI, mentres que na de Ferrol son 14 en unidades convencionais. Tanto nesta como na de Lugo non hai ningún ingresado en UCI.

En planta son na área sanitaria de Lugo 18, mentres que na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras son 25 en planta e dúas en unidade de coidados intensivos. Na de Pontevedra, son, respectivamente, 23 e un. No caso de Santiago de Compostela-Barbanza, hai 13 en planta e dúas en UCI, mentres que en Vigo son todos en unidades convencionais, un total de 27.

Cidadáns nunha zona de copas na Coruña / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press
Cidadáns nunha zona de copas na Coruña / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta