O modelo de cita previa na Axencia Tributaria dificulta o acceso presencial, di a CIG que pide un cambio

O sindicato denuncia que este sistema "obriga" a realizar previamente unha procura de trámites "nada intuitiva para quen non estea familiarizado coa administración tributaria".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2023 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A CIG denunciou que o actual modelo de cita previa na Axencia Tributaria dificulta o acceso presencial nas oficinas e demanda que se reformule o servizo "para ofrecer un rango máis amplo de datas ás persoas que pretenden concertar" unha cita deste tipo.

Nun comunicado, denuncia que o sistema "só oferta catro posibles datas consecutivas como opción para concertar a cita, sendo a seguinte ao día en que se realiza o trámite e as correlativas segundo dispoñibilidade, colocando en primeira opción a atención telefónica".

Neste sentido, explica que remitir á atención telefónica "sen advertir da necesidade de contar cun certificado dixital" supón que tampouco se poidan realizar trámites senón só recibir información.

A CIG engade que este sistema "obriga" ademais a realizar previamente unha procura de trámites "nada intuitiva para quen non estea familiarizado coa administración tributaria".

Por outra banda, incide en que "non todo o mundo vive nunha localidade onde está emprazada unha administración ou delegación da Axencia Tributaria" e, respecto diso, fai referencia a "a dispersión poboacional en Galicia, a deplorable realidade do transporte público e as condicionantes sociodemográficas que complican moito programar un desprazamento ás oficinas tributarias nalgunha das tres datas que o portal de cita previa ofrece".

Unha traballadora da Oficina da Axencia Tributaria. Eduardo Parra - Europa Press
Unha traballadora da Oficina da Axencia Tributaria. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta