O PSdeG denuncia que se está a "forzar o límite de prazos" de 140 declaracións ambientais para parques eólicos

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, acusou ao goberno de Rueda de "manter paralizadas as declaracións desde hai máis de dous anos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2023 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, definiu a política eólica da Xunta como "exemplo paradigmático do seu déficit de xestión" e indicou que é "pintoresco e preocupante" que se estea "forzando o límite de prazos" para aprobar as 140 declaracións de impacto ambiental das que dependen os parques eólicos antes deste mércores.

Na rolda de prensa habitual dos luns na Cámara galega, Álvarez insistiu en que á Xunta "non lle importa pór en risco investimentos estratéxicos co único afán de confrontar co Goberno de Sánchez".

Deste xeito, acusou ao goberno de Rueda de "manter paralizadas as declaracións desde hai máis de dous anos". Así, apuntou que "non lle poden pedir ao Goberno central a mesma dilixencia que tivo a Xunta", cando "atrasaron a xestión de forma deliberada".

Nesta liña, Álvarez indicou que "agora resulta que Galicia pretende liderar o proceso de descarbonización", algo que aos socialistas resúltalles contraditorio xa que "ata hai moi poucas semanas a Xunta tachaba permanentemente de proceso desordenado".

Ademais, o portavoz parlamentario do PSdeG, insistiu en que esta xestión do sector eólico mostra unha Xunta "inconsciente, inoperante e insolvente".

Así, lembrou que a propia dirección xeral de Saúde Pública "informou en contra das autorizacións de dous parques eólicos que dous meses antes foran declarados estratéxicos, o que permitía automaticamente o trámite".

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, este luns nunha rolda de prensa na Cámara galega.. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, este luns nunha rolda de prensa na Cámara galega.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta