Quedar ben con Madrid

51 peñas deportivistas, que representan aos sectores máis activos e conscientes da afección, veñen de criticar duramente a política desenvolvida nas últimas datas por Tino Fernández e o seu Consello de Administración, reprochándolles ter preferido “quedar ben con Madrid” antes ca esixir unha pescuda xudicial a xeito que descobra aos asasinos de Jimmy e antes ca defender unha `política contra a violencia que non sexa equidistante entre as vítimas e os agresores.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 14/12/2014

Comparte esta noticia
Arrepía pensar en que sexan o propio Ministerio do Interior e a Delegación do Goberno en Madrid, responsábeis por omisión desta morte, os mesmos que fabricasen o relato que se lle vendeu aos media madrileños (agás algunha excepción honrosa) e que de aló exportaron ao resto do Estado, mesmo a algúns media do noso país. Un relato onde os malos son os galegos, que veñen amolar aos da capital, que serían moi bullangueiros e moi de saltar á primeira, coma bos latinos. Porque focalizando na vítima no canto dos asasinos conseguen que menos xente se pregunte polas mentiras de Cristina Cifuentes, que coñecía dende tres días antes que 50 blues viaxarían na mañanciña do domingo 30-N. Que menos xente se pregunte que está a ocorrer na investigación, que en 15 días non foi quen a xerar unha soa detención nin unha soa explicación.
 
 Para a cidadanía galega feitos coma éstes haberían server para aprendermos como, para o que non interesa, non somos considerados da Casa. A  decisión política, as elites financeiras e mediáticas, a conformación da opinión dunha España a cada máis polarizada e centrípeta…están en Madrid e Galicia, co 5% do PIB e o 6% da poboación, non conta. Moito menos A Coruña nin o Dépor.
 
 Velaí que sexa tan importante mirar polo noso e apostar sen dúbidas por máis autonomía mental. Por máis capacidade para formarmos os nosos propios xuizos dende aquí, o que esixe tamén máis coñecemento e achegamento á nosa propia contorna. E velaí que sexa tan deprimente que tanto o Presidente de Galicia como o alcalde da Coruña prefiran tamén quedar ben con Madrid, mercándolle a súa falaz historia, antes ca defender o verdadeiro relato dos feitos que, se non coñecen, haberían coñecer en razón do cargo que ocupan. Precisamente polo voto da cidadanía galega e coruñesa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.