O 2022 deixa 12.200 novos empregos e 3.700 persoas menos no paro en Galicia

Galicia é a terceira con mellores datos do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2023 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

O paro baixou en 3.700 persoas en Galcia en 2022, o que supón unha caída do 2,73% respecto de 2021, mentres que o emprego creceron en 13.200 os postos de traballo (+1,21%), segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Desta maneira, o paro baixou unha décima máis en Galicia que na media do total de España, onde esta cifra diminuíu un 2,6%, ata 79.900 desocupados menos, coa creación de 278.900 empregos, un 1,4% máis.

Así, o total de ocupados galegos ascendeu a 1,1 millóns de persoas, 9.200 menos que no trimestre anterior, caendo un 0,83% respecto da enquisa de setembro. Pola súa banda, o número de parados galegos a finais de ano quedou nas 131.400 persoas, 3.500 menos que en setembro, baixando un 2,58%.

Con este descenso, Galicia situouse entre as tres autonomías onde máis caeu o paro de forma trimestral, só superada por Canarias (-35.200 persoas) e Murcia (-11.700 persoas).

Estes datos supoñen que a taxa de paro galega pechou o ano no 10,63%, dous puntos menos que a media estatal (12,87%), sendo Galicia a sétima comunidade con menos desemprego. Por sexos, a taxa de paro masculina é do 9,81%, mentres que a feminina é do 11,49%.

DATOS ESPAÑA

Planta do grupo Stellantis en Vigo
Planta do grupo Stellantis en Vigo | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

O paro baixou en 79.900 persoas en 2022, o que supón un 2,6% menos que en 2021, mentres o emprego creceu en 278.900 postos de traballo (+1,4%), sempre segundo datos do INE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta