Falece Rodolfo Ares, exconselleiro de Interior do Goberno vasco, nacido en Riós

Sánchez lamenta a morte dun "histórico" que "traballou con valentía" pola paz e a liberdade.

Por Europa Press / Redacción | Bilbao | 26/01/2023 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

O exconselleiro de Interior do Goberno Vasco e ex dirixente do PSE-EE Rodolfo Ares faleceu, segundo confirmou a formación socialista a través das súas redes sociais. O PSE-EE expresou, nunha breve mensaxe, a súa "inmensa dor" polo falecemento de Ares e trasladou "un abrazo moi forte" á súa familia.

Rodolfo Ares naceu en 1954 no municipio ourensán de Riós, aínda que se trasladou de neno coa súa familia a Bilbao.

SÁNCHEZ: "UN SERVIDOR PÚBLICO"

O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, lamentou o falecemento do "histórico do socialismo vasco" Rodolfo Ares, do que destacou que foi "un servidor público que traballou con valentía polo fin de ETA e en favor da paz, a liberdade e a convivencia".

Sánchez trasladou "un forte abrazo" á familia e achegados de Rodolfo Ares. Segundo afirmou, é "un día triste para todos os compañeiros e compañeiras do PSOE".

Rodolfo Ares / EUROPA PRESS - Arquivo /
Rodolfo Ares / EUROPA PRESS - Arquivo /

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta